Debates na aula II: CONCLUSIÓNS

Para rematar a actividade fixemos unha presentación oral de cada unha das entradas para comentalas entre todos.

Surxiron novas preguntas á marxe das propias da Ficha, a máis relevante foi a de si notaban algún tipo de discriminación cara ás mulleres nos xogos online.
A maioría das alumnas non xogan a videoxogos con regularidade, aínda que as veces que xogaron non notaron discriminación, aínda que leven nicks femininos.
A maioría dos rapaces sí que xogan habitualmente a videoxogos e nalgúns casos notaron certa discriminación e/ou acoso ás xogadoras nos chats dalgúns xogos, aínda que parece que a tendencia está cambiando porque nos xogos preferidos dos máis novos non o ven tanto!!!
Un dos rapaces lembrou ter lido algo sobre a discriminación ás mulleres nun foro de xogos online e ensinounos esta ligazón ao FORO!!!
Tamén encontramos na rede estes interesantes artigos sobre o tema:
La Vanguardia
ABC

Comentarios

Publicacións populares