Glosario III: REVENGE PORNO


A "Pornografía Vengativa" é o contido sexual explícito que se publica en internet sen o consentimento do individuo que aparece nas imaxes/vídeos, e que é publicado xa sexa por parte de ex-parellas ou de descoñecidos que accederon ás imaxes sen autorización.

A pornovinganza, ten como obxectivo último causar un mal a outra persoa que non consentiu o uso en público das súas imaxes íntimas, e é o fenómeno que máis está crecendo e que crea unha maior victimización sendo as mulleres as afectadas en case todos os casos.

 A normalización da pornovinganza está cobrándose cada vez máis vítimas e constituíndo unha forma crecente de violencia de xénero sexual dixital.

Comentarios

Publicacións populares