Debates na aula I

Debatimos na aula sobre as preguntas propostas na Ficha nº 5 Quérote+.
As opinións resultaron bastante parellas entre os 15 alumnos do grupo:
1. A práctica totalidade dos alumnos están atentos a quen está en liña e non lles parece ben se alguén lles tarda en contestar neses casos, aínda que consideran que pode haber xustificacións. Só nalgún caso moi concreto este tema pode chegar a ser un problema.
2. Toda a clase considera que non se deberían dar as contrasinais a ninguén, e preferin antes darllas a un amigo (por algún motivo en concreto) que á parella. Recíprocamente tampouco consideran correcto nin necesario coñecer as dos seus moz@s, por respecto a privacidade de cadaquén.
3. Non cren que insultar a alguén nas redes sociais sexa tan grave como na cara, aínda que saben que pode ter implicacións legais en ambos casos.
4. Son conscientes de que as fotos que colgan e/ou envían por Whatsapp poden ser vistas por alguén que non queren.
5. Parécelles fatal que cando se acaba unha relación as fotos da parella poidan acabar en mans alleas por mor dos desexos de vinganza dalgunha das partes.




Comentarios

Publicacións populares