Saltar ao contido principal

Publicacións

Destacados

Debates na aula II: CONCLUSIÓNS

Para rematar a actividade fixemos unha presentación oral de cada unha das entradas para comentalas entre todos. Surxiron novas preguntas á marxe das propias da Ficha, a máis relevante foi a de si notaban algún tipo de discriminación cara ás mulleres nos xogos online. A maioría das alumnas non xogan a videoxogos con regularidade, aínda que as veces que xogaron non notaron discriminación, aínda que leven nicks femininos. A maioría dos rapaces sí que xogan habitualmente a videoxogos e nalgúns casos notaron certa discriminación e/ou acoso ás xogadoras nos chats dalgúns xogos, aínda que parece que a tendencia está cambiando porque nos xogos preferidos dos máis novos non o ven tanto!!! Un dos rapaces lembrou ter lido algo sobre a discriminación ás mulleres nun foro de xogos online e ensinounos esta ligazón ao FORO! !! Tamén encontramos na rede estes interesantes artigos sobre o tema: La Vanguardia ABC

Publicacións máis recentes

GUÍA DE SEGURIDADE NA REDE

Resultados da Enquisa: o uso das TIC (2)

Resultados da Enquisa: o uso das TIC (1)

Charla aos alumnos de 4º

A Seguridade na Rede

Glosario III: REVENGE PORNO

Netiqueta

Cuestionario en Inglés: NETIQUETA

Consellos para coidar a imaxe online

Violencia de xénero virtual